xoves, 2 de maio de 2019
mércores, 1 de maio de 2019
HORA DE LER NO PATIO NO DÍA DO LIBRO
Un ano máis saímos ao patio para celebrar o Día do Libro. Compartiron lecturas padriños e madriñas cos seus afillados con moita emoción. Vanse desenvolvendo vínculos afectivos moi especiais entre eles.Os maiores síntense importantes preparando un conto para os pequenos , e éstos están encantados de recibir uns contacontos tan entregados.Este ano tamén houbo os que se animaron a lerlles poesías incluso inventadas por eles mesmos.
Había un ambiente de lectura inmellorable e un murmurio de historias que voaban polo aire.
Había un ambiente de lectura inmellorable e un murmurio de historias que voaban polo aire.
RECUNCHO LECTOR NO PATIO
Hoxe queremos presentarvos o noso recuncho lector, paso a paso. Este é un dos recunchos incluidos dentro dun proxecto sobre patios inclusivos elaborado por Paula Abalde González.
Axudounos a tomar conciencia da influencia que o entorno ten nas nosas vidas e no noso comportamento. Ensinounos a observar, analizar e ver con outros ollos o noso patio.
Tivemos inauguración oficial e todo!!
Dende aqui queremos darlle as grazas por ilusionarnos a todos, alumnos e alumnas, profesores e profesoras e incluso ás familias co seu traballo.
CONTACONTOS DE 4º A
Deixámosvos aqui unha pequena mostra dos alumnos e alumnas de 4ºA contándolle contos ao alumnado de Educación Infantil.
Noraboa polo voso traballo!!
domingo, 7 de abril de 2019
FEIRA DAS CIENCIAS
Este venres o noso alumnado de 6º, estivo amosando os seus proxectos na Feira de Ciencias, organizada polo Concello. Dende aqui queremos dar a noraboa a todos eles e elas e ao resto do alumnado dos outros centros participantes por achegarnos a ciencia de tan perto.
PARABENS!!
sábado, 6 de abril de 2019
PREPARANDO A SEMANA DAS CIENCIAS
Os alumnos e alumnas de 6º estiveron durante estas semanas falándonos sobre o seu proxecto de ciencias, un proxecto sobre a reciclaxe. Faláronos da necesidade de reciclar, reducir e reutilizar para evitar a contaminación do noso planeta e para coidar da nosa saúde .
xoves, 4 de abril de 2019
DÍA DO AUTISMO
O 2 de abril, Día do autismo, como xeito de concienciar sobre o tema ao alumnado de Ponteareas, a asociación Familias Azuis convidounos ao auditorio a mirar dúas curtametraxes. Curtametraxes que nos axudaron a entender o mundo do autismo.
A viaxe de María é unha pequena excursión ao mundo interior dunha adolescente con autismo, unha viaxe dende que nace, no percorrido duns pais que ven como a súa filla se comporta dun xeito especial ata confirmar o diagnóstico: autismo.
Aqui deixámosvos esta historia por se queredes coñecela.
A outra curta foi "Academia de especialistas", historia que tamén vos invitamos a coñecer. Se queredes mirala só tendes que clicar no título.
Ao final déronnos unha galleta como agasallo na que poñía :
"O autismo non é unha enfermidade"
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)













