xoves, 22 de outubro de 2020
mércores, 21 de outubro de 2020
BIBLIOTECAS DO MUNDO
O 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas. A nosa é unha das moitas que hai no mundo... queres coñecer algunhas das máis famosas? Observa atentamente a seguinte presentación.
Podes descargar a presentación AQUÍ
martes, 20 de outubro de 2020
Aquí estamos de novo!
Curso 2020/ 2021
Este setembro comezamos o curso máis difícil das nosas vidas. Cheo de inquedanzas , inseguridades...con moitas interrogacións para todos.
Na Fraga dos Soños, na nosa Biblioteca, tamén houbo
moitos cambios. Agora tomando impulso para continuar coa tarefa comezada ,
iniciamos a andaina deste curso esperando que as circunstancias nos permitan os
mellores momentos lectores posibeís.
Queres coñecer mellor a esta personaxe creada por Quino e que tantos bos ratos nos fixo pasar? PREME AQUÍ
martes, 16 de xuño de 2020
LECTURAS REFRESCANTES PARA ESTE VERÁN
Entre baño e baño este verán seguro que teremos un ratiño para mergullarnos na lectura e enchelo de AVENTURAS, DIVERSIÓN e FANTASÍA.
Se clicades AQUI poderedes atopar as nosas recomendacións lectoras para este verán.
FELICES LECTURAS REFRESCANTES!!!
ENCERRANDO O TEMPO NUNHA CÁPSULA
Estos meses seguro que ninguén poderá esquecelos na súa vida. Por iso dende a biblioteca propuxemos esta actividades. Fóchedes moitos os que vos animáchedes a mandarnos as fotos das vosas cápsulas cos vosos recordos.
Os que todavía non vos deu tempo animádevos a facelas no verán.
QUE EMOCIÓN CANDO AS ABRADES DE NOVO DENTRO DUNS ANOS!!
luns, 8 de xuño de 2020
MÁIS CÁPSULAS DO TEMPO
Asier, Alba de 4º A e Hugo Souto e Xabi de 4º C tamén se animaron a crear ás súas cápsulas do tempo.
Animádevos a crealas e mandarnos a foto.
xoves, 4 de xuño de 2020
PRIMEIRAS CÁPSULAS DO TEMPO
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




















