venres, 20 de novembro de 2020

Todo un mundo en bibliotecas (CEIP Fermín Bouza Brey)

Grazas a todo o alumnado que colaborou na actividade "Todo un mundo en bibliotecas". A partir dos  vosos debuxos, montamos este vídeo no que  facemos unha viaxe polas bibliotecas pensadas e soñadas por vós. Desfrutade!




mércores, 18 de novembro de 2020

A apariciòn do Mono Sìlabo

O Mono Sílabo leva desde principio de curso axudándonos a coñecer mellor as letras. Esta semana, grazas ao proxecto "Máxica...mente", no que participa a biblioteca do cole, tivemos a posibilidade de coñecelo persoalmente!


martes, 17 de novembro de 2020

Un mundo de lecturas

  As bibliotecas esconden un mundo de lecturas esperando ao viaxeiro que as descubra. Sé valente como o Principiño e busca entre os andeis!





xoves, 12 de novembro de 2020

Proxecto "Maxica...mente"

 Desde  o rincón da maxia da nosa biblioteca, seguimos colaborando co proxecto "Maxica...mente". Despois de traballar a lecto escritura escribindo entre todos un conxuro máxico... fixemos aparecer o Mono Sílabo!



                                      Quen é o Mono Sílabo?

martes, 10 de novembro de 2020

Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenrolo

Nun ano no que a Ciencia está sendo tan importante, no colexio imos celebrar este día "plantando"un castiñeiro moi especial do que non caen castañas se non palabras relacionadas co mundo da ciencia. Proximamente compartiremos o resultado!



xoves, 5 de novembro de 2020

IV Edición do Certame de Relatos "Ai mamasiña que medo!"

 Noraboa a Brais Vázquez (5ºB) e Alba Campos (5ºA), os alumnos do noso colexio que gañaron o certame de relatos de medo que organiza o Concello de Ponteareas. Aquí hai futuro!



                            Podedes ler a noticia completa  AQUÍ

xoves, 29 de outubro de 2020