domingo, 5 de xuño de 2022

Pasiños cara unha biblioteca creativa

Levamos tempo querendo formar parte do programa de innovación educativa "Biblioteca creativa" e este curso optamos por formarnos un pouquiño.

martes, 31 de maio de 2022

Concerto na biblioteca

O 31 de maio tivemos a gran sorte de disfrutar dun miniconcerto na biblioteca grazas a algúns dos músicos da Banda Municipal de Música de Ponteareas e a mestra de educación musical do cole, Antía. Espectaculares profesionais grazas aos que coñecemos máis de preto algúns instrumentos musicais e afinamos o oído. Moitísimas grazas e esperamos repetir!

martes, 26 de abril de 2022

Encontro coa gran Ledicia Costas

Por fin chegou o gran día!

Foi unha honra e un pracer recibir, por terceira vez na biblioteca do noso cole, a esta exitosa escritora galega. Autora de numerosas obras, tanto infantís como para adultos, esta vez conversamos con ela sobre a súa obra “A señorita Bubble” e adiantounos sobre o que versará a terceira entrega (pistas no video).

Había unha gran ilusión por vela e escoitala de novo!

Moitísimas grazas querida Ledicia!


sábado, 23 de abril de 2022

Día do Libro

Chegou o Día Mundial do Libro, no CEIP Fermín Bouza Brey celebrarémolo na semana do 25 ao 29 de abril, do seguinte xeito:


xoves, 31 de marzo de 2022

Día Internacional da Visibilidade Trans

Hoxe, 31 de marzo de 2022, conmemoramos o "Día Internacional da Visibilidade Trans". É unha conmemoración anual que ten lugar o 31 de marzo, dedicada á celebración das persoas transxénero e á sensibilización contra a discriminación cara ás persoas trans en todo o mundo.



venres, 25 de marzo de 2022

Ciencia na biblioteca

Un ano máis a ciencia estivo moi presente nas aulas e na biblioteca. Ademais dos traballos realizados con motivo das conmemoracións dedicadas á ciencia, o Concello de Ponteareas celebrou a "Semana das Ciencias" do 21 ao 25 de marzo, durante a cal nos convertemos en pequenos científicos.

luns, 21 de marzo de 2022

Día Internacional da Poesía

Nesta cita pretendemos promover a lectura e a escritura de poemas a través dunha imaxe divertida e versátil deste xénero literario, creando poemas para as mulleres das nosas vidas, historia...