luns, 11 de febreiro de 2019

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA


O 11 de febreiro celébrase o Día Internacional da Nena e a Muller na Ciencia. O obxectivo deste día é o acceso e a participación na ciencia para as mulleres e as nenas.
Aínda que na historia moitas científicas estiveron relacionadas con grandes descubrimentos, poucos nomes delas coñecemos.
Con este día quérese visibilizar que ás mulleres tamén lles gusta a ciencia.
No  corredor podedes disfrutar dunha exposición de bibliografías dalgunhas mulleres científicas.
Animámosvos a lelas!!


sábado, 9 de febreiro de 2019

ENTRE FOLLAS, CLUB DE LECTURA DO PROFESORADO


Este martes pasado tivemos  a segunda xuntanza do noso club de lectura. Compartimos  e intercambiamos ideas e reflexións sobre a lectura do noso primero libro, OS NENOS DA VARÍOLA. Centrámonos tamén  na historia real desta expedición e na figura de Isabel Zendal, toda unha pioneira para a súa  época.


Próxima lectura: EL CURIOSO INCIDENTE DEL PERRO A MEDIANOCHE

venres, 8 de febreiro de 2019

DÍA DA PAZ


Este ano para celebrar o Día da Paz construimos un muro entre todos, un muro que nos una aos uns cos outros.
Tamén celebramos a tradicional carreira solidaria a beneficio da ONG "SAVE THE CHILDREN", coa que colaboramos dende o pasado curso. Somos unha escola que educa en valores e intentamos implicarnos en accións solidarias.Todo o recaudado é para esta organización que facilita a  educación dos menores máis vulnerables.
Todos disfrutamos esta carreira con moita ilusión.


xoves, 7 de febreiro de 2019

DÍA DA ILUSTRACIÓN



O Día da ilustración celébrase o 30 de Xaneiro coincidindo co día do nacemento de Castelao. Para conmemoralo organizamos distintas actividades:
  1. Exposición no corredor de diferentes ilustradores.
  2. Exposición na biblioteca de libros dos nosos fondos destos ilustradores.
  3. Actividades relacionadas con estos ilustradores. O noso alumnado tamén se convertiu nestos días en ilustradores. Ilustran títulos, os seus pasaxes favoritos, algún personaxe...




luns, 28 de xaneiro de 2019

A BIBLIOTECARIA DE BASORA


Mañán esperámosvos no recreo para que coñezades a historia desta bibliotecaria.

Alia Muhammad Baker é a bibliotecaria de Basora. Durante 14 anos a súa biblioteca foi un lugar de encontro para todos aqueles que amaban os libros . Ata que empezou a invasión de Iraq. Esta é unha historia real acerca da loita da bibliotecaria por salvar o valioso fondo da biblioteca e que nos lembra a todos que o amor pola literatura e o respecto polo coñecemento non coñecen fronteiras. Un libro baseado nunha historia real e actual.
A invasión de Iraq alcanzou Basora no 2003. Coa axuda de amigos e veciños, Alia Muhammad Baker, a directora da Biblioteca Central de Basora, conseguiu rescatar o setenta por cento da colección da biblioteca antes de que esta incendiásese nove días máis tarde. Contou tamén coa axuda de amigos e veciños, incluso de xente que non sabía ler nin escribir pero que sabían o tesouro tan grande que se podía perder.

Como dice a autora do libro :
"As bibliotecas e os libros son un lazo á vida e a amizade aínda en tempos difíciles"

venres, 25 de xaneiro de 2019

VOLUNTARIADO,UNHA EXPERIENCIA EN MARROCOS

Durante esta semana, Paula Abalde González estivo falándonos sobre a súa experiencia como voluntaria en Marrocos. Comezou falando do que é ser voluntario ou voluntaria e de que estas accións pódense facer tanto noutros países coma no noso. A continuación, contextualizou a súa experiencia en Marrocos, falou da súa xeografía (situación no mapa, paisaxe, clima, etc), da fauna, dos costumes, as tradicións e algunhas cousas típicas do país e da relixión. Ademais, explicounos a lingua que se fala nese lugar e dalgunhas diferencias que ten coa nosa. Por último, comentou as actividades que fixo como voluntaria en Tánger e Tetuán:
  • TAM: centro de acollida de migrantes, neste lugar ofrécese axuda ás persoas que veñen doutros países de África fuxindo de situacións de pobreza ou guerras. O grupo co que foi impartiu obradoiros de psicoloxía,  lingua española, de primeiros auxilios, de lactancia, entre outros. Ela encargouse do de español. 
  • Cruz Branca: centro de acollida de persoas con diversidade funcional, que en moitas situacións son rexeitadas polas súas familias. Alí ofreceu coidados, compañía e actividades lúdicas.
  • Calcutas: neste caso participou en dous proxectos, por unha banda, axuda nas escolas infantís onde acollen a nenos e nenas de nais repudiadas. Por outra banda, axudou noutro no que un día á semana estas mulleres acollen a nenos da rúa e lle dan de comer, ropa limpa, coidados hixénicos, sanitarios e lúdicos.
Finalizou a charla contando algunhas anécdotas:
  1. Carta que lle deu unha rapaza de alí: "Chámome amor, estou neste mundo para dar cariño aos corazóns da xente, dar alegría, fidelidade e paz"
  2. Reflexión de Carl Sagan con respecto ao pálido punto azul:"Esta imaxe recalca a nosa responsabilidade de tratarnos con amabilidade os uns aos outros, de preservar e valorar o pálido punto azul. O único fogar que coñecemos."
  3. A palabra ubuntu:"A felicidade dos que nos rodean é a nosa, un non pode ser feliz se os que o rodean non o son"

MOITAS GRAZAS PAULA POR COMPARTIR CON TODOS NÓS A TÚA EXPERIENCIA!!





martes, 22 de xaneiro de 2019

ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN NAS LECTURAS COMPARTIDAS



Os cursos  de 5ª A e 1ª A iniciaron a actividades de " LECTURAS COMPARTIDAS" o venres, 18 de xaneiro, na biblioteca da aula.
 Comezaron  os nenos de 5ª, os que titularon a actividade: " Animais en perigo de extinción", Os animais dos que falaron foron: a lebre do piornal, o lince ibérico e a malvasia cabecibranca.
 Houbo exposicións dos traballos de investigacións, contos e ata xogos.
 Foi unha sesión moi divertida.
 Continuaremos o vindeiro venres.
 Parabéns a 5ºA polas súas exposicións e a 1ª A por estar moi atentos.
 Parabéns aos dous grupos polo respecto que se mostraron.