domingo, 20 de novembro de 2022

Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres

Ningunha violencia debería ter cabida na historia da humanidade, e moito menos, no día a día de nenas e mulleres. No noso cole apostamos pola coeducación e o bo trato 365 días ao ano mediante moitas lecturas en violeta e en cores, así como diferentes actividades de visibilización da muller e de apoio ao colectivo LGTBI.

Animádevos a ver e ler algúns dos seguintes recursos.
   

venres, 28 de outubro de 2022

O Samaín

Exposición de libros sobre esta festa tan divertida para nós! 

Tamén algunha curtametraxe de medo, mamasiña!


luns, 24 de outubro de 2022

Día Internacional das Bibliotecas

Benvidas e benvidos a a este novo curso! Hoxe estamos de celebración!

Conmemoramos o Día Internacional das Bibliotecas, unha iniciativa que serve para dar a coñecer a importancia da biblioteca como centro de recursos de lectura, información e aprendizaxe, nun marco de creatividade infinita, que debe facilitar oportunidades de aprendizaxe diversas e ocasións para o encontro entre os distintos membros da comunidade educativa en relación coa lectura, o acceso ao coñecemento e a cultura en xeral.

Deben ser organismos vivos, viveiros de cidadanía nos que caben moitas actividades diferentes: ler, xogar, investigar, conversar, documentarse, informarse, aprender, visualizar películas e curtas, facer préstamo de libros, estudar, navegar nas webs, etc...

  • Fíxate no marabilloso cartel ilustrado pola galega Xulia Vicente. O lema deste ano é BilioTEcuida, a maiores do que acompaña a esta efeméride dende 2019, Apta para todos os públicos!
  • Coa fin de sacarlle o maior proveito a nosa biblioteca, mira a seguinte presentación e aprende a usala!
  • Na seguinte entrada deixámosche as bases do noso concurso de escritura creativa, anímate a participar!


Concurso de escritura creativa

Entre as actividades organizadas este ano para conmemorar o Día Internacional das Bibliotecas, está o concurso de Lettering e Haikus, relacionado co lema das Bibliotecas Escolares de Galicia no presente curso académico: "Escribir a biblioteca escolar".

Anímate a participar! Na seguinte ligazón deixámosche as bases do concurso:

E, para amenizar e axudar a divulgar escoita!

domingo, 5 de xuño de 2022

Pasiños cara unha biblioteca creativa

Levamos tempo querendo formar parte do programa de innovación educativa "Biblioteca creativa" e este curso optamos por formarnos un pouquiño.

martes, 31 de maio de 2022

Concerto na biblioteca

O 31 de maio tivemos a gran sorte de disfrutar dun miniconcerto na biblioteca grazas a algúns dos músicos da Banda Municipal de Música de Ponteareas e a mestra de educación musical do cole, Antía. Espectaculares profesionais grazas aos que coñecemos máis de preto algúns instrumentos musicais e afinamos o oído. Moitísimas grazas e esperamos repetir!