martes, 21 de marzo de 2023

Día Internacional da Poesía

Convocamos o II Concurso de Poemar á Muller, no que destacamos o poema elaborado por Dna Graciela, avoa de Daniela Fernández Frontán e os fantásticos Podcast do alumnado dos Clubs de Lectura. Tamén houbo aulas que fixeron pareados e Haikus estupendos, parabéns a todas as persoas participantes!

mércores, 8 de marzo de 2023

Contacontos con Benxamín Míguez

Ademais das actividades programadas para o 8M, tamén tivemos con nós ao contacontos con Benxamín Míguez.

Grazas ao este magnífico contador de contos puidemos desfrutar dunha historia especial, as aventuras e desventuras de princesas aburridas de ter vida de princesas.


domingo, 5 de marzo de 2023

8M – Día Internacional da Muller

Neste 2023 no cole queremos aportar o noso gran de area ao logro da igualdade real entre mulleres e homes (equidade) visibilizando ás mulleres favoritas das nosas vidas (familiares, pintoras, músicas, escritoras, deportistas, científicas...), así como como algúns dos cambios necesarios no día a día para acadar tal realidade co mural “Imaxes que falan, accións que cambian”.

Para complementar estas actividades deixamos a continuación uns recursos (guías de lectura, vídeos e películas... ) cos que traballar a coeducación os 365 días do ano! 





xoves, 23 de febreiro de 2023

Día Internacional da lingua materna Día de Rosalía

EDLG, Biblioteca e Extraescolares informan:

Conmemoracións 21 e 23 de febreiro 

Día Internacional da lingua materna - Día de Rosalía

Durante o recreo dos días 23 (3º e 4º primaria) e 24 (5º e 6º de primaria) proxectarase na biblioteca a curtametraxe que aparece ao final do documento, suxerindo ás aulas de Educación Infantil máis 1º e 2º de primaria a reprodución na clase da canción “Eu falo así” e un pequeno diálogo de como falan eles, os seus pais, avós… + O Rap da Lingua e o conto - CD “Rosalía Pequeniña”.

En calquera caso, e en calquera dos niveis, sempre poderemos usar e xogar coa lingua galega seguindo as actividades propostas ao final ou outras que vós consideredes!

xoves, 22 de decembro de 2022

Recomendacións lectoras de Nadal

En época de soños e desexos invitámosvos a gozar das lecturas seleccionadas polo equipo da biblioteca para este período vacacional. Visitade as librarías locais e agasallade aventuras, emocións, grandes viaxes, coñecemento, ledicia...

domingo, 20 de novembro de 2022

Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres

Ningunha violencia debería ter cabida na historia da humanidade, e moito menos, no día a día de nenas e mulleres. No noso cole apostamos pola coeducación e o bo trato 365 días ao ano mediante moitas lecturas en violeta e en cores, así como diferentes actividades de visibilización da muller e de apoio ao colectivo LGTBI.

Animádevos a ver e ler algúns dos seguintes recursos.