Este venres visitáronnos Bea e Carlos para falar sobre o traxe galego, a vestimenta tradicional que o pobo galego usaba para as súas actividades ata o século XX. Contáronnos que existen diferenzas entre os traxes usados para traballar e os traxes para días de festa, entre os usados no interior de Galicia e os da costa.Trouxéronnos distintos exemplares para observar as diferenzas entre estos.
Durante os días anteriores a súa visita estivemos investigando e informándonos sobre as diferentes partes que compuñan o traxe feminino e o masculino e o deixamos reflexado nun mural.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEijqPZ2LqLZv30rwChKKbny9hFH2qIlz5Dn_qjmY1AxBCtEUhzsRdoYOt3yq0oG63xUKRULXuGnZaaClbK0aYeS3Uexv_Xa6aO71HGDk5Vdlr8ujZK21WjC6zX9e1BJxFHaWuC90ju7YGs/s320/IMG_20161111_124850.jpg)
Moitos remataron a xornada pensando en apuntarse a algún grupo de baile.
GRAZAS CARLOS E BEA POLA VOSA VISITA!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario