Amosando publicacións coa etiqueta A MAXIA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta A MAXIA. Amosar todas as publicacións

xoves, 23 de abril de 2020

FELIZ DÍA DO LIBRO


Aínda que hoxe é o día do libro, xa levamos varias semanas celebrándolo con todos vos  na distancia.
Encantounos a vosa participación nos retos que vos propuxemos.

Pero...Faltaban todavía as recomendacións do noso mago favorito, O MAGO CHIRLETA. Moi atentos ás súas recomendacións

´                     

                              FELIZ DÍA DO LIBRO!!
                       
EU LEO NA CASA!!

TODO VAI SAÍR BEN!!!

martes, 3 de marzo de 2020

UNHA BIBLIOTECA MÁXICA

Hoxe querémosvos amosar parte da decoración da nosa biblioteca, realmente estamos conseguindo unha biblioteca "MÁXICA".
Temos unha selección de libros na exposición con esta temática .
Seguro que disfrutaredes da súa lectura!!!



luns, 24 de febreiro de 2020

UN ENTROIDO "MÁXICO"




Este ano o entroido do noso centro encheuse de maxia, seguindo co proxecto impulsado dende a biblioteca e contaxiados polo noso profe, O MAGO CHIRLETA.

 Foi unha xornada realmente máxica na que tiveron cabida magos, meigas, videntes, gnomos,a maxia de Mary Poppins, o mundo de Harry Potter...

QUE BEN O PASAMOS NESTE ENTROIDO "MÁXICO"!

martes, 21 de xaneiro de 2020

O MAGO DA CIENCIA


Hoxe invitámosvos a descubrir a maxia da ciencia con este caderno de sinxelos experimentos.
Só tendes que clicar no enlace que está debaixo da imaxe e xa poderedes empezar a convertirvos en Magos da Ciencia.





domingo, 22 de decembro de 2019

ESPECTÁCULO DO MAGO MARCO NO COLE

Para rematar o trimestre puidemos disfrutar do espectáculo do Mago Marco. A maxia e o humor mezcláronse na súa actuación. Fixo participar tanto ao alumnado coma a algún profe.
 Pasámolo xenial!!

xoves, 26 de setembro de 2019

20 ANIVERSARIO DE HARRY POTTER


Xa fai vinte anos que se publicou en España, por primeira vez, a historia de Harry Potter, un dos magos máis famosos da literatura.
Encantounos a historia deste neno tímido, humillado polos seus tíos e o seu primo e que tiña que vivir baixo unha escaleira...ata que a chegada dunha carta e un misterioso visitante cámcianlle a súa vida.
Liches xa algún libro de Harry Potter? Gústanche os seus personaxes e historias?
Si é así non dudes en facer este test de Harry Potter, as preguntas están sacadas dos libros.
https://es.testsworld.net/test-harry-potter.html

A saga dos libros de Harry Potter está composta por un total de 7 novelas escritas pola británica J.K Rowling. Cóntannos as aventuras deste aprendiz de mago e a súa estancia na escola de maxia e feitizos. Alí coñece aos seus amigos Hermione Granger e Ron Weasley.
Toda a saga xira entorno á loita entre Harry Potter e o malvado mago Lord Voldemort, quen matou aos seus país.

Sete son os libros que componen esta saga:

  •  Harry Potter e a pedra filosofal
  •  Harry Potter e a cámara dos segredos
  •  Harry Potter e o preso de Azkaban
  •  Harry Potter e o cáliz de fogo
  •  Harry Potter e a orde do fénix
  •  Harry Potter  e  o misterio do príncipe
  •  Harry Potter e as reliquias da norte

Non vos esquezades que na nosa biblioteca contamos con algún exemplares.

venres, 20 de setembro de 2019

BENVIDOS Á MAXIA DA LECTURA


Benvidos ao novo curso. Como xa sabedes temos a nosa biblioteca en obras, pero xa lle falta menos.

En todas as bibliotecas hai moita maxia, xa que está nos libros e nas persoas que os len, nas palabras, nas imaxes e na música...

Este ano vai ser MÁXICO porque o noso proxecto vai estar cheo deste tema. 

Faremos exposicións de libros sobre bruxas e magos, trucos, encantamentos e feitizos, aprenderemos trucos de maxia…

VIVAMOS A "MAXIA" DA LECTURA!