Amosando publicacións coa etiqueta Mergulándote na lectura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Mergulándote na lectura. Amosar todas as publicacións

xoves, 2 de abril de 2020

CELEBRANDO O DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

O 2 de abril, dende 1967, coincidindo coa data do nacemento do escritor Hans Christian Andersen, celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Este escritor foi autor de moitos clásicos coñecidos por todos.

A sección patrocinadora deste ano é Eslovenia que difunde a mensaxe de Peter Svetinai ilustrada por Damijan Stepancio: Fame de palabras. 


GÁLIX, Asociación do Libro Infantil e Xuvenil, facilítanos a tradución ao galego de  Héctor Cajaraville.  


 Neste día para celebralo, seguimos compartindo as vosas fotos lendo os vosos libros favoritos.
Que maneira máis bonita de celebralo!!



EU LEO NA CASA!

TODO VAI SAÍR BEN!!






mércores, 1 de abril de 2020

STEVE TAMÉN SE MERGULLA NA LECTURA

Steve tivo que regresar a Seattle (USA), a súa cidade, pola situación que estamos vivindo. Pedíunos que vos dixeramos, que tan pronto pase todo isto volverá para despedirse en persoa de todos vos. 
Él, como moitos de nos, tamén se mergulla na lectura dende o seu sofá. 


MOITAS GRAZAS STEVE POR TODOS ESTOS MOMENTOS COMPARTIDOS!!!

 TODO VAI SAÍR BEN!!!




martes, 31 de marzo de 2020

NATA E CHOCOLATE PARA ESTA CORENTENA

A clase de 5º B quere hoxe recomendarvos o libro que leron estos días, ¡NATA Y CHOCOLATE INVENCIBLES!
Un libro cheo de valores como a amizade, o interese pola lectura, a curiosidade e ansia polo coñecemento...Os protagonistas queren estar xunto aqueles que o precisan, ofrecen a súa axuda aos debiles.. Neste caso terán que vivir un caso de violencia de xénero na casa dun compañeiro e deciden axudarlle.

Animádevos a lelo!






ESTADES FACÉNDOO MOI BEN!!

TODO VAI SAÍR BEN!!




luns, 30 de marzo de 2020

ORGULLOSOS DOS NOSOS ALUMNOS E ALUMNAS


Seguen chegándonos fotos vosas lendo. Gústanos saber que lle dedicades un pouco do voso tempo á lectura.
Que orgullosos nos sentimos de todos vos!!




QUÉDATE NA CASA!!!

TODO VAI SAÍR BEN!!!



venres, 27 de marzo de 2020

DISFRUTANDO DA LECTURA DENDE O SOFÁ

Seguen chegando as vosas fotos lendo dende o sofá. Como nos gusta ver o que disfrutades da lectura nestos días!!
Seguide así que vos axudará a abrir o corazón e viaxar a outros lugares coa imaxinación, un bo momento para facelo xa que non podemos saír da casa.




TODO VAI SAÍR BEN!!!



mércores, 25 de marzo de 2020

MÁIS PROFES MERGULLÁNDOSE NA LECTURA

Seguen chegando fotos. Agora tócalle o turno a algunhas  profes  que faltaban. Todos seguimos disfrutando da MAXIA da lectura nestos días que toca quedar na casa.




TODO VAI SAÍR BEN!!

O PROFESORADO XA ESTÁ MERGULLÁNDOSE NA LECTURA


Ler sempre é unha boa compaña e agora , que temos que quedar na casa, moito mellor aínda.
Os profes e as profes tamén están contaxiándose coa MAXIA  da lectura nestos días, e  queren participar neste reto coas súas fotos.
Aquí  deixámosvos unha mostra.