domingo, 22 de xaneiro de 2017

BÚSCANSE VALENTES CONTRA O ACOSO ESCOLAR



Con este vídeo preténdese movilizar a todos aqueles que co seu silencio permiten que se produzan diferentes formas de acoso.
 El Langui pretende “conseguir que os testigos de situacións de acoso cambien, que sexan moitos os valentes que a partir desta campaña deixen de mirar para outro lado. Que ninguén volva a cara ante o acoso"
¿Queremos un mundo mellor? Fagámolo! Entre todos podemos cambiar estas situacións.

SER VALIENTES

http://www.mediaset.es/_8980322f

martes, 17 de xaneiro de 2017

CENTENARIO DE GLORIA FUERTES


No  2017 celebrarase o centenario do nacemento de GLORIA FUERTES, autora que "morreu coa sensación de que non se lle recoñecía como poeta". Para reivindicar a súa obra e o seu legado levaranse a cabo múltiples actividades durante este ano.
Gloria Fuertes foi unha gran amante da PAZ, utilizou as súas verbas como armas contra as guerras, sen olvidar outros dramas e dolores humanos.
Aqui deixámosvos un dos seus poemas pacifistas.


"...Un niño con un libro de poesía en las manos nunca tendrá de mayor un arma entre ellas…”

sábado, 24 de decembro de 2016

BO NADAL E FELICES LECTURAS!!!

O equipo da biblioteca e toda a comunidade educativa do CEIP Fermín Bouza Brey deséxavos un BO NADAL E FELICES LECTURAS.




xoves, 22 de decembro de 2016

FESTA DE NADAL


Para que recordedes algúns momentos do festival de Nadal,  deixámosvos unha pequena mostra de fotos dos diferentes cursos asi como da actuación do noso mago particular, o profe Fernando.




FELICES FESTAS A TODOS E TODAS!!!

domingo, 18 de decembro de 2016

CANTOS DE NADAL E DE REIS




Noutros tempos  era tradición nas nosas parroquias ir cantar polas casas nestas festas de Nadal. Percorríanse  as aldeas ou parroquias cantando panxoliñas, cantos de Nadal e cantares de Reis, toda unha tradición oral relacionada con esta épocal. Estas fermosas pezas de literatura popular  foron transmitidas oralmente ó longo dos séculos. Solicitábase o aguinaldo despois de cantar, xeralmente en especie (viño, chourizos, touciño, doces, lambetadas, etc.),.
Os Reises cantamos pedindo aguinaldo
chourizas, touciño pra face-lo caldo.
Pra face-lo caldo,  pra face-lo caldo,
chourizas, touciño pedindo o aguinaldo


Pola zona sur da provincia de Pontevedra conservamos a nosa propia tradición de cantos de Nadal. As rondallas e os Ranchos de Reis son a expresión típica destas comarcas. Estes grupos percorren as parroquias durante estas datas.
Os músicos da rondalla visten dun xeito uniformado, levan capas, usan boina e preside a comitiva un abandeirado.



martes, 13 de decembro de 2016

RANCHOS DE REIS



Os Ranchos de Reis son danzas típicas de  Ponteareas, Mondariz, Salceda de Caselas, Redondela e outras localidades da comarca do Condado. Saen o 5 e 6 de xaneiro e percorren as rúas entoando cantigas populares ó ritmo das pandeiretas e doutros instrumentos que acompañan as danzas.
As danzas que se executan son xeralmente de paus, arcos, cintas ou castañolas.  Debemos sinalar que nas danzas de paus e de cintas  hai un  posible significado solar vinculado ó ciclo anual do Sol: nelas dánzase ó redor dun pau central con fitas de cores que son sostidas polos danzantes que se entrecruzan e trazan círculos cada vez máis pequenos mentres as van trenzando sobre este eixo ata quedaren tódalas fitas trenzadas no pau. Despois, destrenzanas ata abriren totalmente o colorido círculo de fitas simbolizando, dalgún xeito, o renacer anual do Sol tralo solsticio de inverno.  Os danzantes levan espellos e obxectos reflectantes nas súas coroas o que fai pensar  aínda máis no carácter solar do baile.



          


         danza de pau e cintas

En torno ás datas do Nadal, na nosa comarca, existen  fermosas tradicións onde a música, o canto e a danza son os protagonistas. Hoxe,  moitas das vellas tradicións e dos antigos ritos perdéronse e outras van camiño de esmorecer, pero aínda hai xente que se resiste a perdelas e co seu traballo manteñen vivo o lume da nosa cultura.