Este mes na nosa biblioteca estamos realizando actividades de formación de usuarios. Queremos que o noso alumnado esté ben formado e coñeza os mecanismos do funcionamento desta para que non se desorienten ou desanimen cando queiran facer uso dela. Un dos nosos obxectivos con estas actividades é promocionar, facilitar e achegarlles este servizo.
"POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR é o lema que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional propón ás bibliotecas escolares para o curso 2018/2019, como chiscadela para descubrir a poesía que nos rodea, apoiádonos nos recursos e nas posibilidades da biblioteca escolar. Nuria Díaz foi a ilustradora convidada a interpretar este lema e a compoñer este
fermoso cartel que, en breve, estará xa en todos os centros educativos galegos.
Longa vida á poesía, "memoria do mundo", en palabras do poeta Juan Marqués, quen tamén afirma que a poesía, aínda que ninguén a lea, penetra nas conciencias e nas nacións e dá enérxicos empurróns á Historia, inventa e derruba deuses, funda e destrúe reximes políticos, declara guerras, move montañas... Poéticas diversasconvida a asolagar as aulas de poesía, a tratar con poetas, a perderlle o medo á metáfora, a xogar coa palabra e coa imaxe até obter todo o seu zume, a coñecer a excelente e variada creación poética galega destinada a todas as idades, a permitir que o alumnado galego poña voz e dea vida á tradición lírica galega, á poesía de Rosalía e de todas e todos os poetas que foron e son." (Vía Bibliotecas Escolares de Galicia)
Nas bibliotecas ocorren cousas inexplicables : libros que cambian de sitio, obxectos que aparecen e desaparecen, estranos sons que non se sabe de onde veñen… En toda biblioteca hai maxia. Polo simple feito de estar chea de libros e de persoas que os len, de palabras e imaxes, de música e de cine…
Por todo isto e máis tivemos a sorte de atoparnos na nosa co Mago Chirleta que quixo vir a visitala. Ensinounos trucos de maxia incluso tamén cos contos. Pasámolo tan ben que xa estamos desexando volver telo connosco.
Durante estas semanas estivemos investigando sobre os tesouros que atopou o noso alumnado este verán.Tiveron que falar sobre os libros que leron e cal recomendarían a algún amigo.
Dentro duns días xa vos amosaremos os resultados.