mércores, 17 de setembro de 2014
BENVIDOS E BENVIDAS!!!
Ola, nenos, nenas e familias!
Xa estamos aquí, despois dun verán cheo de lecturas fantásticas coas que puidemos disfrutar dunha morea de aventuras. Hoxe queremos darvos a benvida e desexarvos un estupendo 2014/2015.
Agárdámosvos na biblioteca, vendo as novidades e preparando cousas estupendas para vós.
Axiña teredes noticias .Estade atentos.
martes, 22 de abril de 2014
ABRIL, MES DOS LIBROS
Estreamos este novo blog da biblioteca con esta entrada que tamén fala de libros. Por fin xa temos de novo un espazo para seguir comunicándonos, avisándovos das novidades e convidándovos a participar nas actividades que organicemos.
Neste mes xa temos en marcha o programa de actividades para conmemorar
O DÍA DO LIBRO.
- Contacontos.
- Taller de teatro, para o 3º ciclo, coa escritora Raquel Castro Martínez.
- Exposición de contos clásicos aportados polas familias.
- Apadriñamento lector.
Desexamos que disfrutedes con todas as actividades!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
.jpg)