luns, 9 de novembro de 2015

RELATOS DE MEDO NA BIBLIOTECA

Durante a pasada semana celebramos o Samaín na biblioteca. Alumnas e alumnos prepararon relatos de medo, terror e misterio inventadas por eles mesmos, que leron, e algúns incluso escenificaron, durante o recreo cun escenario perfecto.
A biblioteca ambientouse para a ocasión, coas luces apagadas, as velas encendidas e só un foco a media luz.
Non creades que os asistententes sentiron moito medo, máis ben curiosidade por este tipo de libros e por esta festa .
O ruído da porta que se abría e pechaba facían máis cribles os relatos.
Disfrutamos moito  e unha vez máis demostraron o seu talento.











luns, 2 de novembro de 2015

UN LIBRO...O MUNDO MÁXICO DA LECTURA


Os nosos corredores enchéronse de debuxos e carteis nos que reflexaban  o lema deste ano da biblioteca.

NORABOA A TODOS POLOS VOSOS TRABALLOS!!!








luns, 26 de outubro de 2015

MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Para celebrar o Mes das Bibliotecas escolares propoñemos por unha banda  actividades relacionadas co lema deste ano, Biblioteca escolar, base de exploración:

-Exposición de diferentes libros de consulta nos que poderedes atopar as respostas ás preguntas que veredes aparecer polos corredores do centro.
-Exposición de libros de lectura de viaxes, exploracións, aventuras...





Por outra banda, actividades relacionadas co lema escollido para a nosa biblioteca este curso, Un libro...o mundo máxico da lectura.

  • Infantil coloreará o debuxo que lles proporcionará o equipo
  • Primeiro e segundo ciclo plasmarán o lema nun debuxo.
  • Terceiro ciclo elaborará un cartel publicitario no que apareza o lema.
Todos os traballos serán expostos nos corredores e escollerase un por ciclo que logo utilizarémolos como logo para as guías de lectura deste curso.O 26 daranse a coñecer os elixidos.




venres, 23 de outubro de 2015

CERTAME DE RELATOS DE MEDO



Dentro duns días celebraremos o Samaín. A Biblioteca volve convocar o Certame de relatos de medo. Este ano pedimos que os relatos teñan algo que ver co lema proposto ,Un libro...o mundo máxico da lectura.Poden participar todos os cursos que o desexen.
Os alumn@s que queiran lelos poderán facelo na Biblioteca nas datas que vos comunicaremos. Poden tamén representalos e disfrazarse para a representación. Animádevos a facelo xa que para os espectadores resulta máis divertido.

PASARÉMOLO DE MEDO!!!

xoves, 22 de outubro de 2015

MARCHA SOLIDARIA CONTRA O CANCRO DE MAMA

Este luns 19 de outubro,  estivemos apoiando ás víctimas do cancro de mama e aos seus familiares. Unha “Marea Rosa”  invadiu a nosa vila para reivindicar máis sensibilidade e maior colaboración de persoas e instituciós na  loita contra este cancro. Escolares do municipio, acompañados de profesores, familiares e veciños puidemos disfrutar desa mostra de solidariedade. Un día moi positivo e inolvidable.