mércores, 30 de marzo de 2016

A MAXIA DA POESÍA






Coma todos os anos dedicamos o mes de marzo á poesía. Aproveitando o lema do proxecto da biblioteca deste ano, decidimos encher as nosas paredes con murais e chisteiras das que saían poesías máxicas.









xoves, 10 de marzo de 2016

VISITA DE LEDICIA COSTAS

                                




Fai uns días visitounos Ledicia Costas.
Hai pouco déronlle o Premio Nacional de Literatura polo seu libro Escarlatina, a cociñeira defunta ,que xa limos no noso club de lectura.
Quixemos convertirnos nos tamén en cociñeiros e enchemos unha mesa con larpeiradas que fixemos coas receitas que aparecían no libro.
Fixémoslle moitas preguntas e  contounos moitas cousas dela,do seu avó, dos seus libros, das súas historias...

Encantounos o libro e... por suposto ela.

luns, 7 de marzo de 2016

LECTURAS PARA O DÍA DA MULLER TRABALLADORA


Aquí tedes algunhas  lecturas para reflexionar nas aulas nesta data. 
Un día no que se conmemora a loita da muller a través do tempo, por disfrutar dos mesmos dereitos que os homes. Aínda que esta situación mellorou na actualidade, todavía existen situacións de discriminación e de maltrato.Temos que conseguir a través do respecto e a tolerancia, unha convivencia baseada na igualdade.
Lecturas de rapazas que non queren ser princesas: 



Biografías de mulleres que tiveron que loitar  para lograr os seus soños:


E algunhas lecturas máis que atoparedes na biblioteca.


domingo, 6 de marzo de 2016

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Invitámosvos  a ver este vídeoclip no que Guadi Galego homenaxea ás mulleres reais, ás que mostran a súa valentía e fortaleza no día a día.

martes, 19 de xaneiro de 2016

VIAXANDO A TRAVÉS DOS INSTRUMENTOS




O pasado venres tivemos a sorte de poder disfrutar con Abraham, dunha viaxe polo mundo e a historia a través dos instrumentos.
Foron momentos inolvidables!!!



mércores, 23 de decembro de 2015

FESTIVAL DE NADAL










Como cada ano por estas festas, quixemos celebrar o comenzo das vacacións cunha festa.Había moito traballo detrás. Moitas horas de preparativos e ensaios nas que mestres e alumnos puxeron todo o seu empeño e corazón para que fora unha festa inolvidable.
Panxoliñas, cancións, poemas e coreografías diferentes fixeron inevitables as risas e lágrimas entre o público.
Deixámosvos unha pequena mostra do que alí aconteceu.

FELICES FESTAS E BOAS LECTURAS!!!