Amosando publicacións coa etiqueta Apadriñamento lector. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Apadriñamento lector. Amosar todas as publicacións

venres, 29 de abril de 2016

APADRIÑAMENTO LECTOR NO DÍA DO LIBRO




Por fin chegou o gran día! Un día cheo de lecturas, emocións e ilusións. Un día no que se comparte moito máis que lectura, é unha das actividades favoritas tanto dos maiores coma dos pequenos. Cada ano todo o alumnado agarda revivir impacientes todos os sentimentos provocados polas historias lidas con tanto agarimo.As palabras voaban dos libros provocando sorrisos, conversas e aloumiños. Moitos intercambiáronse agasallos como lembranza dese momento.
Xa son moitos  anos celebrando esta festa pero segue a mesma ilusión entre padriños e afillados.

Foi un auténtico pracer!!!
Parabéns a todos e todas!!!