martes, 29 de novembro de 2016

CANCIÓN CONTRA A VIOLNCIA DE XÉNERO

 Dende a nosa biblioteca queremos difundir unha mensaxe de respecto ao ser humano , e en especial ás mulleres que sofren da violencia doméstica ou calquera outro tipo de abuso . Gustaríanos  que  todos nos sexamos mensaxeiros para espallar este sentimento de rexeitamento contra este terrible problema.
 Deixámosvos esta canción para reflexionar un pouco sobre a situación que están vivindo moitas mulleres.

martes, 22 de novembro de 2016

LECTURA PARA TRABALLAR CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe recomendámosvos unha boa lectura para reflexionar sobre a violencia de xénero.


Sonia, Nata, xa non é a chica marxinada e olvidada da clase. Tras superar a súa timidez e facerse valer ante os  seus compañeiros, sabe que este curso será moi distinto. Ademáis, na súa clase estará Juan, Chocolate,o seu gran amigo. Pero os problemas volverán á aula, neste caso para Pedro, outro dos compañeiros de Sonia. O neno falta moito a clase, moi descoidado e sen libros. Nata decidirá investigar e descubre que Pedro e a súa nai sufren malos tratos por parte do pai deste. A nena pedirá axuda a seu pai, que intervirá xunto á nai de Juan para tratar de salvalos antes de que sexa demasiado tarde.

martes, 15 de novembro de 2016

INVESTIGANDO SOBRE O NOSO TRAXE TRADICIONAL

O alumnado de 5º e 6º estiveron investigando sobre o noso traxe tradicional e tamén recolleron algunhas cantigas.
Deixámosvos unha pequena mostra do seu traballo.



domingo, 13 de novembro de 2016

CHARLA SOBRE O TRAXE GALEGO











Este venres visitáronnos Bea e Carlos para falar sobre o traxe galego, a vestimenta tradicional que o pobo galego usaba para as súas actividades ata  o século XX. Contáronnos que existen diferenzas entre os traxes usados para traballar e os traxes para días de festa, entre os usados no interior de Galicia e os da costa.Trouxéronnos distintos exemplares para observar as diferenzas entre estos. 

Durante os días anteriores a súa visita estivemos investigando e informándonos sobre as diferentes partes que compuñan o traxe feminino e o masculino e o deixamos reflexado nun mural.



Para finalizar a charla un compañeiro noso, Carlos, deleitounos cunhas pezas de gaita e Carlos e Bea animáronnos a bailar.

                                      

Moitos remataron a xornada pensando en apuntarse a algún grupo de baile. 

GRAZAS CARLOS E BEA POLA VOSA VISITA!!!

CHARLA SOBRE O TRAXE GALEGO



Este venres visitáronnos Bea e Carlos para falar sobre o traxe galego, a vestimenta tradicional que o pobo galego usaba para as súas actividades ata  o século XX. Contáronnos que existen diferenzas entre os traxes usados para traballar e os traxes para días de festa, entre os usados no interior de Galicia e os da costa.Trouxéronnos distintos exemplares para observar as diferenzas entre estos. 

Durante os días anteriores a súa visita estivemos investigando e informándonos sobre as diferentes partes que compuñan o traxe feminino e o masculino e o deixamos reflexado nun mural.



Para finalizar a charla un compañeiro noso, Carlos, deleitounos cunhas pezas de gaita e Carlos e Bea animáronnos a bailar.

                                      

Moitos remataron a xornada pensando en apuntarse a algún grupo de baile. 

GRAZAS CARLOS E BEA POLA VOSA VISITA!!!

martes, 8 de novembro de 2016

A NOSA MÚSICA NOS CORREDORES




Como xa sabemos, a música tradicional é o lema da nosa biblioteca este curso, por iso as paredes dos nosos corredores xa empezaron a encherse de música.

domingo, 23 de outubro de 2016

FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES



Co obxectivo de concienciar á sociedade da importancia da lectura e como homenaxe e recoñecemento á labor dos/as bilbiotecarios/as, celébrase o Día da Biblioteca, o 24 de outubropor iniciativa da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, en colaboración co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Este ano, as autoras selecionadas para a redacción do pregón e o deseño do cartel que se difunde foron as gañadoras do Premio Nacional 2015, Ledicia Costas e Elena Odriozola.

 O texto de Ledicia Costasé precioso. GALIX  facilítanos a súa orixinal versión en galego e do que entresacamos este parágrafo: 

"Alguén me contou que o 24 de outubro é o Día da Biblioteca. Sería xenial organizar unha festa con confeti e pompas de xabón. Celebrala ao grande. Encantaríame vestirme para tal ocasión como o personaxe dalgún libro, sentarme na mesa dunha biblioteca da cidade onde vivo e esperar a que fosen visitarme. Nas bibliotecas podes ser quen ti queiras. Desde Mary Poppins ata Matilda, Atreyu, Drácula ou mesmo Pippilotta Viktualia Rullgardina Krusmynta Efraimsdotter Långstrump. Podes poñerte botas de pelo, plumas, zancos e chapeus. Chapeus! Iso é! Imaxino a unha pequena lectora achegándose a min discretamente, atraída polas cores e formas do meu chapeu:
-- Sombreireira tola, que festa máis marabillosa! Sería tan amable de servirme unha cunca de té?" 
En Galicia, a campaña de visibilidade da biblioteca escolar deste curso 2016/2017 lembra que a Biblioteca Escolar é "territorio das Artes", un espazo no que aproximarse á produción artística do noso país e de todas as culturas.

FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS!!