Esta semana fomos de teatro grazas a FAMPO. Nesta ocasión a compañía Redrum Teatro representou aa obra "A nena que quería navegar". A historia está basaba nun texto de Álex Sampayo e Borja F.Caamaño .
Unha historia máxica para loitar contra o acoso escolar a tavés do reforzo positivo e a mellora da autoestima.
Disfrutamos da historia e aprendimos moitas cousas sobre o ACOSO.
Estamos desexando ter os libros desta historia nas nosas mans!!!
Durante estas semanas estivemos, durante os recreos, escoitando relatos de medo escritos por moitos dos nosos alumnos e alumnas. Creouse un ambiente terrorífico!!!
Incluso puidemos disfrutar do relato de Nico, un dos relatos gañadores do concurso "Mamasiña que medo", organizado polo concello.
Coa exposición de balde da Deputación de Ponteareas "Gatiños, ghatiños, gatíos" ensinaránnos as diferentes variedades dialectais do galego dun xeito multisensorial, pedagóxico e divertido.
Podedes visitala na Praza da Música do 21 ao 30 de novembro coas vosas familias.
Un ano máis, dende a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria estase impulsando a celebración anual do mes de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS.
Cada ano encárgaselle a un científico ou científica da nosa comunidade un manifesto .
O Manifesto deste ano 2018 está asinado por Luis Navarro, Profesor titular de Bioloxía da Universidade de Vigo, e ten frases tan interesantes como esta:
"Para ser libre mediante a cultura, igual ca para facer boa ciencia, hai que ler"
Recomendámosvos a lectura deste manifesto así como o de Ángel Carracedo do 2014, tamén apaixonante.
Agora invitámosvos a ver o seguinte vídeo da campaña "EN GALEGO TAMÉN SE FAI CIENCIA" , nela participarpn investigadores e investigadoras de diferentes ámbitos científicos.Ten como principal obxectivo demostrar a validez da língua galega tanto para a docencia como para a investigación.
Un ano máis a nosa biblioteca vístese para celebrar o Samaín. Durante estos días puidemos disfrutar dunha selección de libros de MEDO e esta semana escoitaremos historias terroríficas escritas por algúns compañeiros e compañeiras.