Coa exposición de balde da Deputación de Ponteareas "Gatiños, ghatiños, gatíos" ensinaránnos as diferentes variedades dialectais do galego dun xeito multisensorial, pedagóxico e divertido.
Podedes visitala na Praza da Música do 21 ao 30 de novembro coas vosas familias.
Un ano máis, dende a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria estase impulsando a celebración anual do mes de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS.
Cada ano encárgaselle a un científico ou científica da nosa comunidade un manifesto .
O Manifesto deste ano 2018 está asinado por Luis Navarro, Profesor titular de Bioloxía da Universidade de Vigo, e ten frases tan interesantes como esta:
"Para ser libre mediante a cultura, igual ca para facer boa ciencia, hai que ler"
Recomendámosvos a lectura deste manifesto así como o de Ángel Carracedo do 2014, tamén apaixonante.
Agora invitámosvos a ver o seguinte vídeo da campaña "EN GALEGO TAMÉN SE FAI CIENCIA" , nela participarpn investigadores e investigadoras de diferentes ámbitos científicos.Ten como principal obxectivo demostrar a validez da língua galega tanto para a docencia como para a investigación.
Un ano máis a nosa biblioteca vístese para celebrar o Samaín. Durante estos días puidemos disfrutar dunha selección de libros de MEDO e esta semana escoitaremos historias terroríficas escritas por algúns compañeiros e compañeiras.
A través deste curto trátase de explicar o enriquecedor que pode ser o mundo da lectura, os beneficios que esta pode dar ás nosas vidas tanto persoal como profesional, así como axudarnos a descubrir que ler non é nada aburrido, promovendo así a paixón pola lectura.
O día das bibliotecas escolares celebrámolo co visionado de dúas curtametraxes, unha coa que se pretende fomentar a lectura e outro inspirado nun poema de Rubén Darío, Margarita Debayle. Tres alumnas leron primeiro o poema de Margarita, un poema que nos invita a loitar polos nosos soños.
Este mes na nosa biblioteca estamos realizando actividades de formación de usuarios. Queremos que o noso alumnado esté ben formado e coñeza os mecanismos do funcionamento desta para que non se desorienten ou desanimen cando queiran facer uso dela. Un dos nosos obxectivos con estas actividades é promocionar, facilitar e achegarlles este servizo.