domingo, 28 de outubro de 2018

2ª CURTAMETRAXE:Margarita Debayle (Rubén Darío)



Unha curtametraxe que nos invita a perseguir os nosos soños.

1ª CURTAMETRAXE: LER TRANSPÓRTACHE




A través deste curto trátase de explicar o enriquecedor que pode ser o mundo da lectura, os beneficios que esta pode dar ás nosas vidas tanto persoal como profesional, así como axudarnos a descubrir que ler non é nada aburrido, promovendo así a paixón pola lectura.

Disfrutamos moito con él!

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O día das bibliotecas escolares celebrámolo co visionado de  dúas curtametraxes, unha coa que se pretende fomentar a lectura e outro inspirado nun poema de Rubén Darío, Margarita Debayle. Tres alumnas leron primeiro o poema de Margarita, un poema que nos invita a loitar polos nosos soños.

                 

                             

                             

luns, 22 de outubro de 2018

FORMANDO USUARIOS NA BIBLIOTECA

Este mes na nosa biblioteca estamos realizando actividades de formación de usuarios. Queremos que o noso alumnado esté ben formado e coñeza os mecanismos do funcionamento desta para que non se desorienten ou desanimen cando queiran facer uso dela. Un dos nosos obxectivos con estas actividades é promocionar, facilitar e achegarlles este servizo.

                           
                                        

                                        

                                        

sábado, 13 de outubro de 2018

POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR


"POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR é o lema que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional  propón ás bibliotecas escolares para o curso 2018/2019, como chiscadela para descubrir a poesía que nos rodea, apoiádonos nos recursos e nas posibilidades da biblioteca escolar. Nuria Díaz foi a ilustradora convidada a interpretar este lema e a compoñer este
fermoso cartel que, en breve, estará xa en todos os centros educativos galegos.  

Longa vida á poesía, "memoria do mundo", en palabras do poeta Juan Marqués, quen tamén afirma que a poesía, aínda que ninguén a lea, penetra nas conciencias e nas nacións e dá enérxicos empurróns á Historia, inventa e derruba deuses, funda e destrúe reximes políticos, declara guerras, move montañas...

  Poéticas diversas convida a asolagar as aulas de poesía, a tratar con poetas, a perderlle o medo á metáfora, a xogar coa palabra e coa imaxe até obter todo o seu zume, a coñecer a excelente e variada creación poética galega destinada a todas as idades, a permitir que o alumnado galego poña voz e dea vida á tradición lírica galega, á poesía de Rosalía e de todas e todos os poetas que foron e son."  (Vía Bibliotecas Escolares de Galicia) 

O MAGO CHIRLETA VISITA A NOSA BIBLIOTECA

Nas bibliotecas ocorren cousas inexplicables : libros que cambian de sitio, obxectos que aparecen e desaparecen, estranos sons que non se sabe de onde veñen… En toda biblioteca hai maxia. Polo simple feito de estar chea de libros e de persoas que os len, de palabras e  imaxes, de música e de cine…

Por todo isto e máis tivemos a sorte de atoparnos na nosa co Mago Chirleta que quixo vir a visitala. Ensinounos trucos de maxia incluso tamén cos contos. Pasámolo tan ben que xa estamos desexando volver  telo connosco.

GRAZAS MAGO CHIRLETA!!!