venres, 25 de xaneiro de 2019

VOLUNTARIADO,UNHA EXPERIENCIA EN MARROCOS

Durante esta semana, Paula Abalde González estivo falándonos sobre a súa experiencia como voluntaria en Marrocos. Comezou falando do que é ser voluntario ou voluntaria e de que estas accións pódense facer tanto noutros países coma no noso. A continuación, contextualizou a súa experiencia en Marrocos, falou da súa xeografía (situación no mapa, paisaxe, clima, etc), da fauna, dos costumes, as tradicións e algunhas cousas típicas do país e da relixión. Ademais, explicounos a lingua que se fala nese lugar e dalgunhas diferencias que ten coa nosa. Por último, comentou as actividades que fixo como voluntaria en Tánger e Tetuán:
  • TAM: centro de acollida de migrantes, neste lugar ofrécese axuda ás persoas que veñen doutros países de África fuxindo de situacións de pobreza ou guerras. O grupo co que foi impartiu obradoiros de psicoloxía,  lingua española, de primeiros auxilios, de lactancia, entre outros. Ela encargouse do de español. 
  • Cruz Branca: centro de acollida de persoas con diversidade funcional, que en moitas situacións son rexeitadas polas súas familias. Alí ofreceu coidados, compañía e actividades lúdicas.
  • Calcutas: neste caso participou en dous proxectos, por unha banda, axuda nas escolas infantís onde acollen a nenos e nenas de nais repudiadas. Por outra banda, axudou noutro no que un día á semana estas mulleres acollen a nenos da rúa e lle dan de comer, ropa limpa, coidados hixénicos, sanitarios e lúdicos.
Finalizou a charla contando algunhas anécdotas:
  1. Carta que lle deu unha rapaza de alí: "Chámome amor, estou neste mundo para dar cariño aos corazóns da xente, dar alegría, fidelidade e paz"
  2. Reflexión de Carl Sagan con respecto ao pálido punto azul:"Esta imaxe recalca a nosa responsabilidade de tratarnos con amabilidade os uns aos outros, de preservar e valorar o pálido punto azul. O único fogar que coñecemos."
  3. A palabra ubuntu:"A felicidade dos que nos rodean é a nosa, un non pode ser feliz se os que o rodean non o son"

MOITAS GRAZAS PAULA POR COMPARTIR CON TODOS NÓS A TÚA EXPERIENCIA!!





Ningún comentario:

Publicar un comentario