O 15 de marzo, os nen@s de 5º A e os de 1º A tivemos a
sorte de compartir de novo unha sesión de “Lecturas compartidas”.
Para comezar os
alumn@s de 5º, aproveitando o tema da interculturalidade e a diversidade de
culturas por unha banda e que estivemos
traballando as lendas na aula por outra, buscamos lendas chinesas e exipcias para compartir. “Los amantes mariposa”, entre as
que máis nos gustaron.
Continuamos facendo
un xogo, utilizando as letras do alfabeto exipcio, descubrimos o
significado dunha frase en chinés.
Para finaliza e sabendo que os chineses son moi afeccionados ao origami,
entre todos fixemos figuriñas de papel: unha ra, un canciño, barquiños, chapeos, os típicos faroliños das
celebracións chinesas…
Foi unha sesión moi entretida, divertida e ademáis…
coñecÍmonos un pouquiño máis.
Estamos desexando empezar a preparar a seguinte.
Ningún comentario:
Publicar un comentario