xoves, 4 de abril de 2019

DÍA DO AUTISMO


O 2 de abril, Día do autismo,   como xeito de concienciar sobre o tema  ao   alumnado de Ponteareas, a asociación Familias Azuis convidounos ao auditorio a mirar dúas curtametraxes. Curtametraxes que nos axudaron a entender o mundo do autismo.
A viaxe de María é unha pequena excursión ao mundo interior dunha adolescente con autismo, unha viaxe dende que nace, no percorrido duns pais que ven como a súa filla se comporta dun xeito especial ata confirmar o diagnóstico: autismo.
Aqui deixámosvos esta historia por se queredes coñecela.




A outra curta foi "Academia de especialistas", historia que tamén vos invitamos a coñecer. Se queredes mirala só tendes que clicar no título.

Ao final déronnos unha galleta como agasallo na que poñía :

                 "O autismo non é unha enfermidade"

Ningún comentario:

Publicar un comentario