mércores, 23 de outubro de 2019

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


Dende 1997 celébrase o Día da Biblioteca o 24 de outubro,  conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil . Esta asociación, membro da OEPLI, facilita na súa páxina o cartel e o pregón para esta conmemoración, obra desta vez do ilustrador Miguel Calatayud e  a escritora Gemma Pasqual.

Este ano o Ministerio de Cultura e Deporte propón,  pola súa parte a incorporación do lema "aptas para todos os públicos", co obxectivo de salientar o papel das bibliotecas na promoción da igualdade de xénero. As bibliotecas escolares galegas teñen o seu propio lema para este curso BIBLIOTECA ESCOLAR, VIVEIRO DE CIDADANÍA que conta cunha imaxe propia creada por Óscar Villán.

A biblioteca escolar é a primeira coa que entran en contacto os nenos e as nenas, con ela aprenden a usar as outras bibliotecas , son espazos do coñecemento e lecer nos que pasan moitas cousas , lugares para a igualdade e a diversidade. (ASESORÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES GALEGAS)


Ningún comentario:

Publicar un comentario