O 2 de abril, dende 1967, coincidindo coa data do nacemento do escritor Hans Christian Andersen, celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Este escritor foi autor de moitos clásicos coñecidos por todos.
A sección patrocinadora deste ano é Eslovenia que difunde a mensaxe de Peter Svetinai ilustrada por Damijan Stepancio: Fame de palabras.
GÁLIX, Asociación do Libro Infantil e Xuvenil, facilítanos a tradución ao galego de Héctor Cajaraville.
Neste día para celebralo, seguimos compartindo as vosas fotos lendo os vosos libros favoritos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario