domingo, 24 de outubro de 2021

A fraga dos soños

Ola a todos/as!

Aínda que levamos máis dun mes argallando a posta en marcha da biblioteca escolar neste novo curso, na bitácora da mesma imos estrearnos coa celebración do Día Internacional das Bibliotecas 2021. Para elo, nada mellor que unha visita virtual á "Fraga dos soños".

Hai moito andado (grande o agradecemento aos/ás que nos precederon) e moito por lograr, finalidade pola que seguiremos traballando o novo equipo coa axuda de toda a comunidade educativa.

Grazas de antemán e feliz semana da biblioteca, na que esperamos poñer en marcha os espazos "dixital" e "argalleiro-fedelleiro".

Mergúllate no marabilloso mundo da lectura, mergúllate no fabuloso mundo dos soños... entra na fraga dos soños!

1 comentario:

  1. Que marabilla de biblioteca!!! Se antes disfrutabamos a tope, agora será un mundo do cal non se querera sair; rodeados de tantos amigos, aventuras, lugares, emocións... Disfrutádea!!!!!!

    ResponderEliminar