mércores, 1 de maio de 2019

HORA DE LER NO PATIO NO DÍA DO LIBRO






Un ano máis saímos ao patio para celebrar o Día do Libro. Compartiron lecturas  padriños e madriñas cos seus afillados con moita emoción. Vanse desenvolvendo vínculos afectivos moi especiais entre eles.Os maiores síntense importantes preparando un conto para os pequenos , e éstos están encantados de recibir uns contacontos tan entregados.Este ano tamén houbo os que se animaron a lerlles poesías incluso inventadas por eles mesmos.
 Había un ambiente de lectura inmellorable e un murmurio de historias que voaban polo aire.

Ningún comentario:

Publicar un comentario