mércores, 1 de maio de 2019

RECUNCHO LECTOR NO PATIO


Hoxe queremos presentarvos o noso recuncho lector, paso a paso. Este é un dos recunchos  incluidos dentro dun proxecto sobre patios inclusivos elaborado  por Paula Abalde González.
Axudounos a tomar conciencia da influencia que o entorno ten nas  nosas vidas e no noso comportamento. Ensinounos a observar, analizar e ver con outros ollos o noso patio.   

Tivemos inauguración oficial e todo!!

 Dende aqui queremos darlle as grazas por  ilusionarnos a todos,  alumnos e alumnas, profesores e profesoras e incluso ás familias co seu traballo.


1 comentario: