AS RECEITAS DE ROSAURA:
Polas noites, Rosaura cociña. Afeción que non gustaba a un vecindario feminino celoso das súas habilidades. Pero as receitas foron publicadas para que ti as aprenderas. Que non che falten os trebellos, os condimentos nin os alimentos. Así poderás elaborar ricas receitas como:
AS MAZÁS VERMELLAS DO BOSQUE CON CARAMELO.
TORTILLA DE FLORES DE ESPINACAS
CANAPÉ DE QUEIXO FELIZ...
UN BUEN RATO CON CADA PLATO:
Adiviña, adiviñarás de que manxar se está a tratar. Pistas recibirás que te guiarán e ao final resolverás.
É un libro de poemas ou de adiviñanzas? Pois como puidéchedes averiguar coa súa lectura, trata as dúas cousas. Ricos pareados que nos pasean por diversos alimentos dos que terás que adiviñar o seu nome. Cereais, froita, zume, sopa lentellas, peixe, chocolate, xeado, tortilla, salchichas e algún máis son os saborosos manxares escollidos polo escritor para que ti os descubras.
O que vós opinades:
"AS RECEITAS DE ROSAURA"
Bárbara : Resultoume un pouco aburrido.
Héctor e Aarón: Pareceume curto.
Claudia: Fixen a receita das mazás e encantoume.
Yaiza: Pareceume pouco interesante.
Pablo: Había moita presentación e poucas receitas.
Damián: Gustoume a receita das salchichas pero cociñei a de Barquiñas verdes de aguacate da fermosa fada Mara.
"UN BUEN RATO CON CADA PLATO"
Yaiza e Bárbara: Pareceunos moi interesante e divertido.
Aarón: Gustoume que estivese dividido en distintas seccións: almorza, comida, merenda e cea.
Pablo: O mellor foi que non só hai que ler, tamén hai que pensar.
Héctor: Ten unhas poesías moi divertidas.
O seguinte libro que imos ler é "Prohibido leer a Lewis Carroll". Averiguaremos quen é Lewis Carroll e porque está prohibido lelo? Xa volo contaremos...
Ningún comentario:
Publicar un comentario